venres, 29 de maio de 2020

VENRES, 29 DE MAIO


👉TAREFA 1: LINGUA GALEGA
Tarefa de competencia comunicativa (cor azul claro)

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
2ºB: Ficha de problemas do libro (cor verde escura)

👉TAREFA 3: CIENCIAS 🔍
Imos ler este documento: ESPAZOS PÚBLICOS DA NOSA COMUNIDADE

1) En cal destes espazos públicos estiveches algunha vez?
2) Coñeces algún outro que haxa no teu concello?

👉TAREFA 4: ENGLISH
Hoxe toca visitar o blog da profe Lucía e revisar as entradas do seu blog.💙💓

PARA REMATAR...

Durante a fin de semana podes comezar a ler o seguinte capítulo do libro BESTIARIO DOMÉSTICO
Toca ler o capítulo A MOSCA 🦟Para a semana faremos algunhas preguntiñas.
..................................................................

Antes de marchar para o fin de semana....
Axudas a esta rapaza a atopar as súas cousas?


xoves, 28 de maio de 2020

XOVES, 28 DE MAIO

Solo saludos | Imagenes de feliz jueves, Buenos días saludos ...

👉TAREFA 1: CIENCIAS
Imos ver estas fotos: A CASA DO CONCELLO

1) Cal destas imaxes é a foto do teu concello?
2) Busca e escribe cal é a dirección.
3) Busca a bandeira do teu concello e dibúxaa.


👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
- Ficha de xeometría do libro (cor vermella)


👉TAREFA 3: GALEGO
- Ficha de obradoiro de ortografía do libro (cor violeta)

👉TAREFA 4: RELIXIÓN E VALORES
Hoxe e xoves e toca revisar o blog de relixión e a páxina de valores (actividade 10).

PARA REMATAR...
 
Hoxe imos intentar construir este LEÓN 🦁 co tangram. 
Se non o consegues, podes mirar a solución debaixo para poder construilo.

mércores, 27 de maio de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO

Ánimo a todos que ya es miércoles! | Toluna

👉TAREFA 1: CIENCIAS

Hoxe toca ler este documento: A NOSA LOCALIDADE 2

1) Coñeces todas as parroquias de Mos?
2) Investiga en cal está o noso colexio.
3) Sabes o nome dalgún dos concellos que están pegados a Mos?

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS

2ºB: Ficha de  numeración do libro (cor laranxa)

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA


👉TAREFA 4: LINGUA GALEGA

Tarefa de competencia lectora do libro (cor verde clara).

PARA REMATAR...

Serás capaz de averiguar cales son os números agochados detrás de cada debuxo? 

martes, 26 de maio de 2020

MARTES, 26 DE MAIO


👉TAREFA 1: ALMORZOS SAUDABLES

1) Cal é a túa froita preferida?
2) Cal é a froita que máis consumes?
👉TAREFA 2: CIENCIAS
Investiga🔎:
1) Como se chama a alcaldesa ou o alcalde do teu concello?
2) Cando foi elixida/o?
3) En que ano volve a ser a próxima elección?

👉TAREFA 3: MATEMÁTICAS

Hoxe imos comezar coas táboas de multiplicar.
Imos a aprender a táboa do 2, que é tan fácil como sumar de 2 en 2.
Estás preparad@?

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 4: BESTIARIO DOMÉSTICO

Este fin de semana tocaba ler o capítulo 9 titulado "A GALIÑA".
Agora toca responder estas preguntas?

1) Cal é o plan das galiñas?
2) Rita estaba dacordo en que Don Leandro e Dona Flora conseguisen a liberdade? por que?
3) A que animal lle temen as galiñas?


👉TAREFA 5: E.F
Como todos os martes, recomendamos visitar o blog da profe Melisa e facer algunha das actividades que alí propón para manternos en forma.
⛸🎾🤿⚽🏀🏊‍♂️🚴‍♀️⛹️‍♀️🤸‍♀️💪
Xa sabedes que podedes entrar no blog de E.F todos os días que queirades e recordade escribirlle a profe Melisa para que sepa toooodo o que traballades.

PARA REMATAR...

Imos coller o tangram e intentar facer este gatiño. Se non eres capaz, deixo a solución debaixo.🐱😸😻

luns, 25 de maio de 2020

LUNS, 25 DE MAIO


👉TAREFA 1: CIENCIAS: A LOCALIDADE

Hoxe imos comezar un tema novo en ciencias👏👏👏👏
Comezamos lendo esta información sobre A LOCALIDADE 🏰💒🌄🏭🌆

1) Cal é a túa localidade? e o teu concello?
2) Como se chaman as persoas que traballan no concello?
3) Quen elixe a eses traballadores?
4) Escribe 3 servizos que haxa no teu concello.


👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS

Hoxe imos a practicar á multiplicación:

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA
Repasamos as palabras con CA, CO, CU, QUE, QUI con esta ficha interactiva:


👉TAREFA 4: MÚSICA
En música, podemos seguir practicando a actividade 5 de música.


PARA REMATAR...

Hoxe imos facer unha enquisa sobre as actividades da biblioteca deste curso. Estades preparad@s?


venres, 22 de maio de 2020

VENRES, 22 DE MAIO

👉TAREFA 1: LINGUA GALEGA

Tarefa de escritura do libro (cor verde escura)

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS

2ºB: Ficha de cálculo do libro (cor verde claro)

👉TAREFA 3: INVESTIGAMOS🔍
Coñeces este cadro?

INVESTIGA:

1) Que nome ten este cadro?
2) Quen o pintou?
3) Como se chama o museo no que se atopa?
4) En que cidade e en que país está este cadro?
5) pinta a bandeira do país no que se atopa.

👉TAREFA 4: ENGLISH

Hoxe toca visitar o blog da profe Lucía e revisar as entradas do seu blog.💙💓

PARA REMATAR...

Durante a fin de semana podes comezar a ler o seguinte capítulo do libro BESTIARIO DOMÉSTICO
Toca ler o capítulo da GALIÑA 🐔, o capítulo favorito da escritora Raquel Castro. 
Para a semana faremos algunhas preguntiñas.
..........................................................
ESTA TENISTA NECESITA AXUDA PARA PODER IR A XOGAR 🎾 
Podes atopar as súas cousas?







xoves, 21 de maio de 2020

XOVES, 20 DE MAIO

Hola jueves, imágenes de Felíz Jueves para WhatsApp
👉TAREFA 1: LINGUA GALEGA 
Hoxe imos entrar no blog de dinamización da lingua para ver o vídeo realizado para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS:  A LÚA DE MOS

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
- Ficha de medida do libro (cor violeta)

Ao rematar a ficha online, pincha en "terminado" e despois en "comprobar mis respuestas"

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA
Hoy toca practicar ortografía: LA LETRA LL

👉TAREFA 4: RELIXIÓN E VALORES
Hoxe e xoves e toca revisar o blog de relixión e a páxina de valores (actividade 9)

PARA REMATAR...
Colle o teu tangram e constrúe este barco. Recorda que tes que utilizar toooodas as pezas. ⛵

martes, 19 de maio de 2020

MÉRCORES, 2O DE MAIO


👉TAREFA 1: INVESTIGAMOS🔍
Coñeces este cadro?

INVESTIGA:

1) Que dous nomes ten este cadro?
2) Quen o pintou?
3) Como se chama o museo no que se atopa?
4) En que cidade e en que país está este cadro?
5) pinta a bandeira do país no que se atopa.

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
2ºB: Ficha de problemas do libro (cor verde escura)

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA




👉TAREFA 4: LINGUA GALEGA
Xa liches o capítulo 8 do libro BESTIARIO DOMÉSTICO
Estes días toca ler o capítulo da ovella e contestar a estas preguntiñas:

1) Cal é o nome científico da ovella?
2) A vaca Dona Flora perdonou a Oliva por meterse no medio?
3) A quen lle botou Oliva as culpas do incidente?
4)A que lle teñen medo as ovellas do eirado?

PARA REMATAR...
Podes axudar a este cociñeiro a atopar as cousas que perdeu?

luns, 18 de maio de 2020

MARTES, 19 DE MAIO

Feliz Martes Buenos Días imágenes - BonitasImagenes.net
👉TAREFA 1: BESTIARIO DOMÉSTICO
Hoxe imos ver o vídeo de RAQUEL CASTRO contestando todas as nosas preguntas sobre o libro que estamos a ler. Estades preparad@s?
Entra no blog da biblioteca para velo:

- Cal é o capítulo favorito de Raquel?
- Recordas cal é o seu animal favorito?
- O teu animal favorito, cal é?

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS


👉TAREFA 3: LINGUA GALEGA
Libro: Tarefa de competencia comunicativa (cor azul claro)

👉TAREFA 4: E.F
Hoxe toca mover un pouco o corpo facendo algunhas das propostas que nos fai a profe Melisa no seu blog.

PARA REMATAR...

Xa construiches o teu TANGRAM? porque a partir de agora poñeremos retos para facer con el👏👏👏

RETO DE HOXE: Intenta construir esta árbore utilizando TODAS as pezas do tangram:


Conseguiches facelo sen axuda ou  necesitaches ver a solución?
deixa o teu comentario:

domingo, 17 de maio de 2020

LUNS, 18 DE MAIO


👉TAREFA 1: CIENCIAS
A maioría das máquinas, funcionan con enerxía.
Hoxe imos ver un vídeo sobre as distintas enerxías que hai:


Agora imos ler este resumo: ENERXÍAS
E por último, contestar estas preguntas:

1) Cales son as enerxías que non contaminan?
2) Escribe o nome de 2 máquinas que funcionen con enerxía non renovable (sucia).
3)Escribe o nome de 2 máquinas que funcionen con enerxía renovable (limpa)
4) Como podemos aforrar enerxía e así coidar mellor o noso planeta?

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
Practicamos as multiplicacións con estes exercicios: MULTIPLICAR
Non é necesario imprimir, podedes escribir as operacións na libreta.

Agora practicamos as multiplicacións con este exercicio online: JUEGO DE MULTIPLICAR
Cando termines a actividade, fai click en terminado e despois en comprobar as miñas respostas 😊

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA


👉TAREFA 4: LINGUA GALEGA
Comezamos a ler o capítulo 8 do libro "bestiario doméstico" titulado "A OVELLA"🐑 porque mañá teremos algunhas preguntiñas para contestar.

👉TAREFA 5: MÚSICA
Hoxe temos unha nova actividade de música!!!
Pincha no apartado de "MÚSICA" do blog e mira a actividade 5.
Temos dúas semanas para practicar 🎤🎵💃🕺


PARA REMATAR...
Poderás axudar a este rapaz a encontrar as súas cousas?


xoves, 14 de maio de 2020

VENRES, 15 DE MAIO

Día das Letras Galegas | As homenaxes de Davila ás Letras Galegas ...

👉TAREFA 1: LINGUA GALEGA
Tarefa do libro de competencia lectora (cor verde claro)

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
Imos a construir un tangram!!! 
No enlace deixamos unha plantilla e un vídeo explicativo. Sería ideal pegalo ou facelo directamente nun cartón ou superficie máis dura/grosa que un folio. (podedes usar unha caixa de zapatos ou de galletas)
Podedes facelo durante a fin de semana. Cando o teñamos listo, faremos moitos retos con el👏👏👏


👉TAREFA 3: LETRAS GALEGAS
Para finalizar esta semana adicada as letras galegas, hoxe imos facer un debuxo co título: 17 de maio, día das letras galegas.
No debuxo podedes escribir tamén as palabras que máis vos gusten do galego e escribir por que é tan bonito o noso idioma e a nosa terra.
Bandera de Galicia: Historia, significado, y mucho más

👉TAREFA 4: ENGLISH
Hoxe toca visitar o blog da profe Lucía e revisar as entradas do seu blog.💙💓


PARA REMATAR...

Hoxe en comentarios imos a escribir palabras en galego. Podedes escribir as que máis vos gusten, tamén as que lle gusten aos vosos pais e irmáns.
Por exemplo, a min gústanme moito estas dúas: bolboreta 🦋  e   amorodo 🍓

A ESCRIBIR!!!!!



mércores, 13 de maio de 2020

XOVES, 14 DE MAIO


👉TAREFA 1: CIENCIAS: máquinas
Se foras un gran inventor..... que máquina che gustaría inventar? 
Bótalle imaxinación e acompaña cun debuxo a túa redacción🖌🖍

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
Ficha de medida (cor violeta)

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 3: LINGUA GALEGA
LETRAS GALEGAS 2020 | CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO

Hoxe temos outro xogo sobre as LETRAS GALEGAS moi divertido:

👉TAREFA 4: VALORES E RELIXIÓN
Os xoves toca repasar estas dúas materias:

-Para relixión, entrade no blo da profe Maruxa.
-Para valores, 2ºA segue facendo a actividade anterior e 2ºB ten no email a actividade enviada por Estiven. Tendes unha semana para facela.


PARA REMATAR...
Podes axudar a este deportista a encontrar os seus obxectos perdidos?🥇🏀🏆🏓🥊🎯


MÉRCORES, 13 DE MAIO

OLA QUERIDOS NENOS E NENAS!!! 
Xa estamos na metade da semana. 
Recordade que ata o venres podedes enviar a vosa foto almorzando froita 🥝🥥🍇🍎🥭🍍🍌🍋🍊🍉
Ideas para que incluyas la fruta en el desayuno

👉TAREFA 1: CIENCIAS
Hoxe temos que contestar unhas preguntas moi fáciles sobre unha MÁQUINA que estamos usando moito dende que comezou o confinamento. Estades listos?

Non hai que imprimir, simplemente mirade ben a ficha e contestade as 4 preguntas 😋

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
Hoxe toca facer numeración:
2ºB: ficha 19 de numeración do libro (cor laranxa)

Os nen@s de 2ºB que xa teñen feita a ficha 19, teñen que facer a de repaso de 2ºA. Os nen@s que aínda non chegaron á ficha 19, poden ir facendo con calma durante toda a semana as que lle faltan para chegar. Calquera dúbida, falade coa profe 

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA



👉TAREFA 4: LINGUA GALEGA
Hoxe imos visitar o blog de dinamización da lingua galega "A lúa de Mos" Alí nos propoñen unha actividade moi divertida para celebrar AS LETRAS GALEGAS. 
Quen se anima a facela?


PARA REMATAR...
Hoxe temos un vídeo de Emma e Lía contándonos a evolución dos vermes de seda🐛🦋:

E ti que animais tes na túa casa?😺🐺🐶🐮🐷🐭🐰🐸🐢🐠🦆🐓🦃🐥
Escríbeo en cometarios:

luns, 11 de maio de 2020

MARTES, 12 DE MAIO

👉TAREFA 1: LETRAS GALEGAS



Logo de ver este vídeo, seguimos facendo as actividades que nos faltan de onte no seguinte enlace:

Se non vos funciona o enlace anterior, deixo aquÍ outro xogo moi divertido sobre Ricardo Carvalho Calero:
XOGO LETRAS GALEGAS
👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
Ficha de xeometría do libro (cor vermello)

Nos exercicios máis difíciles, agradecemos a axuda das familias para que os rapaces poidan facelos sen dificultade. GRAZAS💗

👉TAREFA 3: LINGUA GALEGA

Ficha de escritura do  libro de galego (cor verde escuro)

👉TAREFA 4: E.F
Hoxe toca mover o esqueleto. 

Recordade poñervos en contacto coa profe Melisa para que sepa todo o que traballades (comentade no blog, escribídelle correos, etc)


PARA REMATAR...
Atopa o xeado que está dando unha lambetada a outro xeado!!!😛🍦


LUNS, 11 DE MAIO

HOXE COMEZAMOS UNHA SEMANA ESPECIAL,
A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
BOA SEMANA A TOD@S
Letras Galegas 2019 archivos | Últimas Noticias y Actualidad ...

👉TAREFA 1: CIENCIAS
Hoxe imos ver os experimento que fixo Erik: 
Experimento densidade
Ovo: flota ou non?
A densidade do aceite

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
Agora toca practicar a facer uns problemas con multiplicacións: 

👉TAREFA 3: LETRAS GALEGAS
Durante esta semana faremos actividades sobre as Letras Galegas e sobre Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado este ano.

Parece que o enlace da problemas dende o teléfono móbil. A páxina é: 
seminariogalan.org - actividades en liña- biografía 1º e 2º.

Mañá volveremos a poñer esta actividade para aqueles aos que non lle de tempo a facela toda.


👉TAREFA 4: BESTIARIO DOMÉSTICO
Contesta estas preguntas sobre o capítulo 7 "A VACA" 🐮:

1) Por que Dona Flora se sentía incomprendida polos outros animais?
2) Quen tivo a culpa de que Dona Flora non puidera escapar cando a señora abriu a cancela?
3) Gustáronche os poemas que escribiu a vaca Flora?

👉TAREFA 5: MÚSICA
Seguimos practicando o baile que nos propuxo a profe Bibi a semana pasada. 
Tendes toda a información no apartado de MÚSICA deste blog.

PARA REMATAR...

Hoxe en comentarios imos a escribir algo que nos gustaría preguntarlle a RAQUEL CASTRO, escritora do libro BESTIARIO DOMÉSTICO.

Logo, ela leerá as nosas preguntas e nos contestará nun vídeo moi divertido. 
🐄🐅🐂🐆🐇🐈🐕🐔🐐🐑🐥🐢