martes, 24 de abril de 2018

Creamos a nosa depuradora

Este mes, na clase de 2º estivemos moi ocupados aprendendo unha chea de cousas sobre o noso planeta e de cómo coidalo.
Ocorréusenos facer unhas depuradoras caseiras para comprender como se limpa o auga sucia e... funcionaron moi ben!







mércores, 11 de abril de 2018

PLAN PROXECTA: FROITAS

Este curso, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria celebramos o entroido dunha forma moi saudable, aproveitando a nosa participación no Plan Proxecta "aliméntate ben".





domingo, 18 de marzo de 2018

SEGURIDADE VIARIA

A semana pasada tivemos a visita da policía local de Mos para facer un taller de EDUCACIÓN VIARIA.

Primeiro tivemos una clase teórica e logo pasamos a práctica no noso patio cun circuito improvisado no nosos patio.


Ata tiñamos semáforos e todo!!
Pasámolo xenial e aprendemos moito.







venres, 23 de febreiro de 2018

CANAPÉ DE QUEIXO FELIZ

A semana pasada nos puxemos outra vez o gorro de Rosaura a cociñeira e preparamos outra das súas deliciosas receitas.

Esta vez tocounos o canapé de queixo feliz. Estaba boísimo. Cal será a próxima receita?


mércores, 21 de febreiro de 2018

AS RECEITAS DE ROSAURA

Hoxe tivemos una visita moi especial. Por fin coñecimos a Isabel Blanco, escritora e autora do libro "AS RECEITAS DE ROSAURA" co que levamos un tempo traballando na clase.
Foi un rato moi divertido no que falamos con ela, contounos moitas cousas sobre Rosaura e firmou os libros de todos os nenos e nenas de segundo. Ademais houbo unha sorpresa!! invitounos a participar nun concurso!!
Agora só temos que inventar unha receita e colorear a Rosaura para poder participar. 







martes, 20 de febreiro de 2018

LIXO MARINO

O día 11 de febreiro celebrouse o día  Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

No cole quixemos que se visualizara o papel da muller na ciencia polo que dende a biblioteca  organizouse unha charla  realizada polo  Centro Oceanográfico de Vigo sobre o tema a contaminación marítima.






luns, 5 de febreiro de 2018

MAZÁS VERMELLAS DO BOSQUE CON CARAMELO


A semana pasada fixemos de cociñeir@s grazas o libro de Isabel Blanco "As receitas de Rosaura".

Preparamos unhas ricas mazás vermellas con caramelo que estaban de rechupete!
Próximamente faremos outra receita do libro,

Cal será a seguinte?