luns, 15 de xuño de 2020

CELEBRANDO O FIN DE CURSO


ÚLTIMA SEMANA DE CLASE


👉Imos compatir os nosos recordos deste curso tan especial neste MURO:

Hecho con Padlet

Durante esta semana final, as profes de 2º propoñemos facer unha semana moi artística e divertida

Deixamos a continuación algunhas actividades para que fagades as que máis vos gusten. 

Tamén podedes facer outras actividades divertidas que se vos ocorran.

Recordade que xa non hai que enviar ningunha tarefa  nin fotos do que fagades. Esta semana toca desfrutar!!! 💃🕺







FELICITACIÓNS A TOD@S POR SUPERAR ESTE CURSO TAN ESPECIAL, 
SODES UNS CAMPIÓNS E CAMPIOAS.
Agora a disfrutar do verán e ...
vémonos en 3º de primaria👏👏👏👏👏

Recordade que na semana do 22 ao 26 de xuño poderedes vir a recoller o voso material que quedou no colexio. A mestra vos indicará día e hora durante esta semana.


LUNS, 15 DE XUÑO

HOXE É FESTIVO EN MOS

CELÉBRASE A FESTA DA ROSA

Dende o concello propoñen un concurso infantil de vídeos das vosas rosas, deixamos o enlace por se alguén se anima a participar: 
---------------------------------------------------------------------
Hoxe toca descansar e disfrutar deste día festivo na localidade.

  SAÚDOS E BO DÍA 

Podes escribir en comentarios que cousas facedes na vosa casa para celebrar esta festa da ROSA 🌹🌹🌹🌹

venres, 12 de xuño de 2020

VENRES, 12 DE XUÑO


👉TAREFA DO VENRES 12: HOXE TOCA CANTAR!!!



Imos escoitar esta canción de Magin Blanco, titulada 
TODO O DÍA NA CASIÑA. 

Logo teremos que escribir as 14 palabras que se borraron da letra!!!
 estades preparad@s??? 
Afina o oído e ......
comezamos!!!



PARA REMATAR.....

Podedes visitar a páxina de Educación física, inglés, relixión, valores (actividade 11) .... e facer algunha actividade divertida das que alí hai.

BO FIN DE SEMANA PARA TOD@S



xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES, 11 DE XUÑO


👉TAREFA DO XOVES 11: INVESTIGAMOS 🔎🌍👩‍🚀

COÑECES A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL (E.E.I) ?

É o lugar habitado máis grande fóra da Terra. Os astronautas que están alí poderiamos dicir que son.... EXTRATERRESTRES!!! porque están fóra do planeta Terra 🌍👨‍🚀


INVESTIGA SOBRE ELA:

1) Que é e para que serve esta estación espacial?

2) A que distancia está da Terra?









3) Cantos astronautas poden estar dentro ao mesmo tempo?

4)  Canto duran as misións dos astronautas alí dentro?

5) Escribe o nome dalgún astronauta famoso/a.








AGORA IMOS VER EN DIRECTO IMAXES DESDE A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL (E.E.I)

Se queres ver máis vídeos, podes buscar en youtube cómo é a vida dos astronautas no espacio: como durmen, como comen, etc...

PARA REMATAR.....

Sabes canto tarda a E.E.I en dar unha volta ao planeta??
Descúbreo con este reto matemático:


Recordade que podedes visitar a páxina de Educación físicainglésrelixiónvalores (actividade 11) .... e facer algunha actividade divertida das que alí hai.

ATA MAÑÁ!! 👋👋🥰🥰

mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES, 10 DE XUÑO


👉TAREFA DO MÉRCORES 10:  MATEMÁTICAS

Hoxe imos construir as nosas táboas de multiplicar.

Podemos facelas de varias formas:

1) chaveiro rectangular:

Escribe nun folio as táboas ata o 10 ou imprime algunha das plantillas. Logo pégaas nun cartón ou cartolina (tamén se poden plastificar se tendes plastificadora ou forro). Faille un burato nunha esquina a cada táboa e coloca unha arandela como as dos chaveiros. Podes facer tamén unha portada bonita e facer decoracións.
Imprime esta plantilla e segue estas instruccións para crear un chaveiro circular como este:

3) Podes facer as túas táboas doutra maneira que se che ocurra.

AGORA XA PODES PRACTICAR AS TÁBOAS!!!!

PARA REMATAR.....

Serás capaz canto vale cada froita e o resultado da última suma?
A pensar!!!!


Recordade que podedes visitar a páxina de Educación físicainglésrelixiónvalores (actividade 11) .... e facer algunha actividade divertida das que alí hai.

QUE TEÑADES BO DÍA!
👋👋🥰💗😻

martes, 9 de xuño de 2020

MARTES, 9 DE XUÑO

Feliz Martes mi amor - BonitasImagenes.net
👉TAREFA DO MARTES 9:

Hoxe toca INVESTIGAR🔍🔍🔍, estades preparados???



Se conseguiches resolver todas as investigacións, pincha aquí: CONSEGUIDO🏆


PARA REMATAR.....

Imos practicar co TANGRAM:
Intenta construir esta frecha. se non es capaz, podes ver debaixo a solución para que te axude.


RECORDA QUE PODES SEGUIR ENTRANDO NOS BLOGS DAS DEMAIS MATERIAS SEMPRE QUE QUEIRAS.

SaÚdOs 🥰👋👋👋

luns, 8 de xuño de 2020

LUNS, 8 DE XUÑO

OLA RAPACES E RAPAZAS DE 2º

COMEZAMOS A RECTA FINAL DO CURSO!!

Dentro de moi pouquiño rematará este curso tan especial e teremos tempo para disfrutar dunhas ben merecidas vacacións de verán.

Este trimestre foi diferente. Tivemos que adaptarnos á unha nova escola, unha escola dende casa e as mestras de 2º estamos moi moi orgullosas de todos vós por todo o voso esforzo e por todo o voso traballo.

Sodes uns campións e unhas campioas 

ESTA SEMANA SERÁ DIFERENTE
Cada día teremos unha actividade para facer, e a maiores, sabedes que podedes entrar nos blogs das outras materias.

👉 TAREFA DO LUNS 8

Hoxe imos a buscar un dado pola casa e usalo para inventar unha historia, estades preparados?



REGRAS:
- Imos a inventar unha historia co persoaxe, lugar e obxecto que nos marque o dado ao tiralo.
- A historia ten que ter un mínimo de 5 liñas.
- Fíxate nos signos de puntuación, maiúsculas, etc.
- Revisa a ortografía para que todo estea super ben escrito.
- Ao rematar, fai un debuxo da historia.
- Imos facelo en CASTELÁN.

Preparad@s?


Para rematar...
Serás capaz de encontrar todos estes obxectos perdidos?🔍