martes, 31 de marzo de 2020

MARTES, 31 DE MARZO


👉TAREFA 1: LENGUA CASTELLANA
- Escribe en tu libreta....

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
- Ficha de medida (cor  violeta)

👉TAREFA 3: GALEGO
- Ficha de competencia lectora (cor verde claro)

👉TAREFA 4: MÚSICA.
No apartado de música deste blog tendes dúas tarefas: facer un instrumento e exercicios para practicar.

Tamén podedes ver os vídeos dos instrumentos feitos por algúns compañeiros.

★Estes 2 exercicios de música son para facer ao largo de toda esta semana.😊

HOXE PARA REMATAR.... 
ATOPA OS TRES "8" AGOCHADOS
 Se os atopas, escribe un comentario co teu nome.



FELIZ DÍA A TODAS/OS

luns, 30 de marzo de 2020

LUNS, 30 DE MARZO

BOS DÍAS!! HOXE COMEZA UNHA NOVA SEMANA E SEGUIMOS COAS CLASES A DISTANCIA
Teño que felicitar a todos e a todas porque gracias a vós, estamos gañando a batalla ao coronavirus.
👏👏👏👏👏👏👏👏 
É moi importante o que estades facendo.
Quedarse na casa e non saír é a mellor forma de gañar!!

👉TAREFA 1: LENGUA CASTELLANA:

- Lectura del cuento:
Pincha en la foto para leer el cuento

Preguntas para contestar en la libreta:
- Cuál es nuestra misión?
- qué hay que hacer para derrotarlo?
- Cuál es el arma secreta que tenemos?

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
- Ficha resolución de problemas do libro (cor verde oscuro).

👉TAREFA 3: CIENCIAS: AS PLANTAS



- Ver vídeo sobre as plantas.
-Debuxar  4 plantas que teñas na casa/xardín e poñer debaixo o seu nome. Facelo na libreta ou nunha folla.

Recordade gardar todas as tarefas que facemos para traelas ao cole :)

👉TAREFA 4: Hoxe vos propoño un ENIGMA máis complicado. Quen é capaz de encontrar o debuxo distinto?

Se o atopas, deixa un comentario co teu nome 😎



NORABOA A TODAS E A TODOS POLO TRABALLO QUE FACEDES DENDE AS VOSAS CASAS.

SAÚDOS E BO DÍA 💗😘

venres, 27 de marzo de 2020

BOS DÍAS PEQUENOS CAMPIÓNS E CAMPIOAS


Hoxe é venres. Os días pasan voando e dentro de pouco xa estaremos xuntos outra vez!👏👏👏

👉TAREFA 1: Hoxe a profe de música nos escribiu una carta, pincha no enlace para ler: 

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
⏩Para 2ºA: Ficha de cálculo de repasopincha no enlace
⏩Para 2ºB: Ficha de cálculo do libro (cor verde claro).

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA
Coge tu libreta o una hoja y escribe......

👉TAREFA 4: E.F
Imos visitar o blog da profe Melisa e facer algunha das actividades que nos propón para manternos en forma.


PROPOSTAS/IDEAS PARA FACER ESTA FIN DE SEMANA:

👉Para esta fin de semana vos propoñemos un experimento para disfrutar e xogar o fin de semana: 
facer plastilina caseira:
ingredientes:
- 3 tazas de fariña.
- 1 taza de auga.
- 1 taza de sal fina (canto máis fina mellor).
- De 2 a 5 cucharadas de aceite (eu uso de xirasol) pero vale calquera. Comeza engadindo 2cucharadas.
- Colorante alimentario (opcional, para darlle cor).

Elaboración
Pon todo xunto nun molde e mestura ben. Mirade o vídeo que o explica moi ben.
Listo?!
A xogar!!!



👉Se queredes, durante o fin de semana, podedes visitar o blog para ver os vídeos, entrar nos blogs das outras asignaturas, etc.

👉Tamén vos recomendo comezar a ler o capítulo 2 do libro de lectura "Bestiario doméstico" porque a próxima semana farei algunhas preguntiñas 📖 👀

👉Por último, deixo aquí este debuxo tan chulo para quen queira colorealo:

BO FIN DE SEMANA A TODOS E A TODAS!! 


xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES, 26 DE MARZO

BOS DÍAS A TOD@S

Hoxe para comezar temos una carta para ler que nos envía a profe Melisa, a profe de E.F:

👉 TAREFA 1: CARTA DA PROFE MELISA←pincha enriba

Se alguén se anima a contestar a carta da profe Melisa, pode facelo e enviala ao seu e-mail: 
melisariveirogonzalez@gmail.com

👉TAREFA 2: LINGUA GALEGA
Ficha de escritura (cor verde escuro).

👉TAREFA 3: CIENCIAS
Continuar facendo o traballo das plantas (aqueles que non o remataron)
-Observar o noso vaso con lentellas para ver como evoluciona.

👉TAREFA 4: MATEMÁTICAS 

- Para 2ºA: ficha numeraciónpincha enriba
Podedes imprimir ou copiar os exercicios na libreta.

- Para 2ºB: Ficha de numeración do libro (cor laranxa claro)


Para rematar, quen é capaz de atopar a F escondida:
Se  atopas a F perdida, deixa un comentario co teu nome máis abaixo. Sorte!!



mércores, 25 de marzo de 2020

MÉRCORES 25 DE MARZO



BOS DÍAS A TOD@S, QUE TAL VAI A SEMANA?


Hoxe imos comezar co libro de lectura "Bestiario doméstico". 

👉TAREFA 1: Ler o primeiro capítulo "o sapoconcho" e facer un resumo na libreta/folio (o resumo é contar en poucas palabras o que ocurriu nese capítulo, contar o máis importante).

👉TAREFA 2: matemáticas 
- Ficha medida (cor violeta
- Facer estas series na libreta:
➧ de 2 en 2  → dende o 0 ata o 20
➧ de 3 en 3  ➝ dende o 0 ata o 30
➧ de 5 en 5  → dende o o ata o 50


👉TAREFA 3: Ed. Valores e Relixión

Alumn@s de valores: Entrar no apartado de valores e facer as actividades que propón o profe Estiven.

Alumn@s de relixión: Entrar no blog da clase de relixión e facer algunha das actividades propostas pola profe Maruxa.
👉TAREFA 4: Inglés
Entrar no blog de inglés para repasar o vocabulario que a Teacher Lucía nos deixou para 2º (2nd grade).





martes, 24 de marzo de 2020

MARTES, 24 DE MARZO

Resultado de imagen de martes 
Bos días a tod@s, 
Hoxe para comezar, temos para ler este conto:

👉TAREFA 1: pincha na foto para ler: 

https://drive.google.com/file/d/1SnywpnWDMEk-JL8QZU_O-KL8CTc-GjxU/view?usp=sharing

👉TAREFA 2: Lengua castellana
Vamos a escribir 5 frases contando 5 cosas que vas a hacer en cuanto logremos derrotar a este virus y puedas salir de casa. (Acuérdate de las mayúsculas y los puntos).

👉TAREFA 3: Ficha de resolución de problemas do libro de matemáticas (cor verde oscuro).

👉 TAREFA 4: Ficha de obradoiro de ortografía do libro de lingua galega (cor violeta)



Cando rematedes, vos animo a visitar o blog de Educación Física porque a profe Melisa preparou moitas actividades divertidas!!

No blog da biblioteca tamén atoparedes unha proposta moi chula:  "facer acrósticos"
Agora que xa sabedes facelos, quen se anima a participar nesa actividade?

Saúdos e bo día😊😘
 Resultado de imagen de gif saludo


luns, 23 de marzo de 2020

LUNS, 22 DE MARZO

BOS DÍAS AMIG@S, COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA:

Sabedes que...... 
XA CHEGOU A PRIMAVERA!! Xa estamos nunha nova estación, que durará ata o 21 de xuño. Nesta estación nacen as flores, as árbores están cheos de follas e flores de moitas cores, comeza a facer calor e os días son máis largos. 
A min encántame a primavera, e a vós?







👉TAREFA 1:
- COMEZAR A FACER O TRABALLO DE CIENCIAS SOBRE AS PLANTAS.
- PLANTAR UNHAS LENTELLAS NUN VASO ( de cristal, de iogur, etc)
- FACER UN DEBUXO SOBRE A PRIMAVERA.




O sábado foi o día da poesía e para celebralo imos facer un acróstico co voso nome. Podedes facelo na libreta ou nun folio e logo decorar con debuxos.

Que son os acrósticos?
 Son composicións poéticas na que as letras iniciais, medias ou finais dos versos, lidas en sentido vertical, forman una palabra ou unha frase.

Vos deixo un exemplo dun acróstico que fixo a profe Elena: exemplo

 👉TAREFA 2:
- FACER UN ACRÓSTICO CO NOSO NOME
Resultado de imagen de DIA MUNDIAL DA POESÍA





HORA DO RECREO!!   
Descansamos, xogamos e merendamos!!!

Resultado de imagen de GIF NIÑOS JUGAR
👉TAREFA 3: MATEMÁTICAS

- Ficha de xeometría (cor vermello)

- Fai estas contas na libreta:

43+35=            58+22=     37+56=
85-42=             70-36=       92-68=
52+27+9=       146+35+230=

 
Mañá seguimos!!!

Por certo, xa podedes ver algunhas das vosas receitas no apartado "os nosos vídeos"🍰🍴

Saúdos😜 








venres, 20 de marzo de 2020

VENRES, 20 DE MARZO

BOS DíAS A TODOS E A TODAS

Xa fai unha semana que non nos vemos..... 
Iso quere dicir que ......
Xa levamos unha semana loitando contra o coronavirus e parece que imos a gañar se seguimos así uns días máis.👏👏 
Así que ÁNIMO a todos e a seguir loitando desde a casa!
Resultado de imagen de gif minion cc


Hoxe non habería que ir ao colexio, pero vou deixar unhas actividades voluntarias e divertidas para os máis atrevidos:


👉 TAREFA1



👉 TAREFA 2

Facer algunha receita de cociña, sempre coa axuda dun maior. 
Pode ser algo doce ou salgado. 
Pode ser para almorzar, xantar, merendar ou cear... 
Quen se atreva a facer hoxe de cociñeir@, pode gravar un vídeo explicando os ingredientes e os pasos a seguir para que os demáis podamos facer nas nosas casas. Tamén podedes sacarlle unha foto e escribir a receita nun papel. 

Xa me está entrando fame!!!😋
Resultado de imagen de gif minion cocinero

👉 TAREFA 3
Podedes comezar a ler o libro de lectura BESTIARIO DOMÉSTICO este fin de semana porque a partir do luns imos a traballar con el.

Espero as vosas receitas con moito apetito...ÑAM ÑAM

BO FIN DE SEMANA A TOD@S 

xoves, 19 de marzo de 2020

XOVES, 19 DE MARZO

BOS DÍAS CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!! 

Hoxe é festivo e polo tanto non faremos tarefas académicas pero sí quería deixarvos unha proposta:Hoxe é un día especial, é ...


O DÍA DO PAI 

Así que vos animo a facerlle un debuxo e escribir nel unhas frases contando todo aquilo que vos gusta facer con papá.
Tamén podedes facer algunha manualidade para darlle de agasallo, seguro que lle encanta.



Resultado de imagen de feliz dia PAPA


Sempre que queirades, podedes entrar nas páxinas que hai na columna da dereita para ver outras asignaturas e tamén ver os vídeos e fotos dos traballos que vades facendo. 

A profe de música escribiu unha proposta moi interesante para facer estes días na casa...
entrade na páxina de música para vela!
Resultado de imagen de gif instrumento musica cc
Na páxina de E.F a profe Melisa tamén fai propostas para seguir facendo exercicio dende a casa, hai moitos xogos e ata unha clase de aeróbic. 

Podedes, ademais, compartir alí os xogos que facedes vós na casa para que así os fagan outros compañeiros.
Resultado de imagen de gif deporte infantil

Saúdos e bo día familias!!


mércores, 18 de marzo de 2020

MÉRCORES, 18 DE MARZO

BOS DÍAS A TODAS E A TODOS

Hoxe imos comezar escoitando un programa de radio que os nen@s de 2ºB gravaron a semana pasada:



👉TAREFA 1 

Despois de escoitar o programa, colle a libreta ou un folio e escribe qué cousas fas ti para coidar o noso planeta


Resultado de imagen de gif planeta tierra

👉TAREFA 2

Matemáticas: ficha medida (cor violeta).

Enlace: xogos para aprender as horas do reloxo 

................................................
HORA DE DESCANSAR E XOGAR
Resultado de imagen de GIF JUEGO NIÑOS
...............................................
👉TAREFA 3

English: hoxe toca entrar no blog de inglés e repasar as tarefas de 2º. (columna lateral do blog)

..............................................

Ata aquí as tarefas de hoxe.

Podedes ver os blogs da columna lateral e navegar por eles.

No blog da biblioteca podedes escoitar máis programas de radio e tamén ver recomendacións de actividades para estes días. 

Ánimo a todos e bo día 💪😘


luns, 16 de marzo de 2020

MARTES, 17 DE MARZO, 2020

BOS DÍAS A TODAS E A TODOS!!!

Hoxe imos comezar facendo un experimento para comprobar a importancia de lavarse as mans.

👉TAREFA 1 "Experimentamos"

Necesitaredes:
- un plato
- agua
- un pouco de pementa
- xabón de lavar os pratos.

Despois de ter o material, ides ver este vídeo e seguir os pasos que indica:





👉TAREFA 2

Hora de repasar as mates: 
ficha de resolución de problemas (verde escuro).

...............................................................................

Hora de descansar, merendar e xogar un pouco
Resultado de imagen de dibujo juegos

..................................................................................................

Agora toca escribir un pouco con esta tarefa de lingua castelá, preparados??
👉TAREFA 3

Explicación da actividade

Plantilla opcional "la vida es bella"

......................................................................................................

Ata aquí as tarefas de hoxe, martes. 
Agora podes coller un conto e ler un pouco para rematar!!

Tamén podedes deixar algún comentario dicindo que tal foi ese experimento 😎

Saúdos a tod@s





LUNS 16 DE MARZO

Bos días a todas e a todos!!!


Para comezar, elixe cal vai a ser o teu lugar para traballar nas novas clases online,  colle asento e…
prepárate para pasar un bo rato! 

👉TAREFA 1:

Lectura do conto e actividades:


Agora imos facer un debuxo que todos os nenos e nenas de Italia e España están facendo para decorar as súas casas.
Podedes copialo nun folio ou ben imprimilo.
Despois de colorealo, teredes que mandarme unha FOTO para facer un vídeo con todos os debuxos da clase. Para rematar, colga o debuxo
nuhna fiestra para que o vexan os veciños.


👉TAREFA 2: COLOREAR DEBUXO

Acórdate de poñer o teu nome no debuxo para que todos sepan quen é o autor ou autora 😋

............................................................................................................

AGORA É MOMENTO DE FACER UN DESCANSO, 

MERENDAR SE TES FAME E XOGAR UN POUCO.





.........................................................................................................
👉TAREFA 3: 

Matemáticas: páxina de cálculo (cor verde claro).


👉TAREFA 4: 

Lingua galega: páxina de escritura (verde oscuro)

...........................................................................................

Rematamos ás clases por hoxe, sempre que queirades, podedes 
facer outras actividades a maiores na vosa libreta ou pinchar nas
asignaturas e facer as actividades online (na columna da dereita).

Vémonos mañá!


Moitos bicos virtuais para tod@s.