BOS DÍAS CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!!
Hoxe é festivo e polo tanto non faremos tarefas académicas pero sí quería deixarvos unha proposta:Hoxe é un día especial, é ...
O DÍA DO PAI
Así que vos animo a facerlle un debuxo e escribir nel unhas frases contando todo aquilo que vos gusta facer con papá.
Tamén podedes facer algunha manualidade para darlle de agasallo, seguro que lle encanta.
Sempre que queirades, podedes entrar nas páxinas que hai na columna da dereita para ver outras asignaturas e tamén ver os vídeos e fotos dos traballos que vades facendo.
A profe de música escribiu unha proposta moi interesante para facer estes días na casa...
entrade na páxina de música para vela!
Na páxina de E.F a profe Melisa tamén fai propostas para seguir facendo exercicio dende a casa, hai moitos xogos e ata unha clase de aeróbic.
Podedes, ademais, compartir alí os xogos que facedes vós na casa para que así os fagan outros compañeiros.
Saúdos e bo día familias!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe o teu nome no comentario :)