venres, 27 de marzo de 2020

BOS DÍAS PEQUENOS CAMPIÓNS E CAMPIOAS


Hoxe é venres. Os días pasan voando e dentro de pouco xa estaremos xuntos outra vez!👏👏👏

👉TAREFA 1: Hoxe a profe de música nos escribiu una carta, pincha no enlace para ler: 

👉TAREFA 2: MATEMÁTICAS
⏩Para 2ºA: Ficha de cálculo de repasopincha no enlace
⏩Para 2ºB: Ficha de cálculo do libro (cor verde claro).

👉TAREFA 3: LENGUA CASTELLANA
Coge tu libreta o una hoja y escribe......

👉TAREFA 4: E.F
Imos visitar o blog da profe Melisa e facer algunha das actividades que nos propón para manternos en forma.


PROPOSTAS/IDEAS PARA FACER ESTA FIN DE SEMANA:

👉Para esta fin de semana vos propoñemos un experimento para disfrutar e xogar o fin de semana: 
facer plastilina caseira:
ingredientes:
- 3 tazas de fariña.
- 1 taza de auga.
- 1 taza de sal fina (canto máis fina mellor).
- De 2 a 5 cucharadas de aceite (eu uso de xirasol) pero vale calquera. Comeza engadindo 2cucharadas.
- Colorante alimentario (opcional, para darlle cor).

Elaboración
Pon todo xunto nun molde e mestura ben. Mirade o vídeo que o explica moi ben.
Listo?!
A xogar!!!



👉Se queredes, durante o fin de semana, podedes visitar o blog para ver os vídeos, entrar nos blogs das outras asignaturas, etc.

👉Tamén vos recomendo comezar a ler o capítulo 2 do libro de lectura "Bestiario doméstico" porque a próxima semana farei algunhas preguntiñas 📖 👀

👉Por último, deixo aquí este debuxo tan chulo para quen queira colorealo:

BO FIN DE SEMANA A TODOS E A TODAS!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu nome no comentario :)